5 de abril de 2018

VI Congreso Nacional de Pacientes Crónicos

A Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria
(SEMERGEN) abriu o prazo de inscrición gratuíta e envío de comunicacións no seu VI Congreso Nacional de Pacientes Crónicos; reunión para pacientes, familiares, coidadores, asociacións e profesionais que se celebrará os días 19 e 20 de abril en Córdoba baixo o lema ‘Sempre contigo e por ti".
A asistencia ao Congreso é totalmente gratuíta e solicitámosvos que a difundan entre os seus membros e grupos de interese da súa asociación.
É fundamental dar protagonismo aos pacientes dentro do Sistema Nacional de Saúde. Así, este Congreso pretende ser un foro de formación, unha aposta polo empoderamiento dos pacientes e, á súa vez, converterse un escenario que lles permita transmitir ás autoridades sanitarias o seu papel participativo en aras dun cambio de paradigma sanitario.
Inscrición e programa
O Congreso, que se celebrará no Hospital Universitario Raíña Sofía acollerá actividades prácticas como talleres, circuítos de saúde, proxectos educativos e foros de debate nos que se abordarán temas tan diversos como os estilos de vida saudables, a comunicación ou a adherencia ao tratamento.
Igualmente e de maneira similar a como se veu facendo en todas as edicións anteriores, ofrecerase a oportunidade aos pacientes e asociacións de presentar as súas propias comunicacións baseadas na experiencia da enfermidade crónica e no marco da relación médico-paciente.
 
Inscrición e programa preliminar en: www.CongresoPacientesCronicos.com

3 de abril de 2018


Informamos da próxima conferencia do Equipo Médico
ESPECIALISTAS en PARKINSON do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago,

con motivo do:
DÍA MUNDIAL DO PARKINSON.
Día: Venres, 6 de Abril Lugar: Casa dás Asociacións e benestar Social
C/ Manuel María nº 6 ( Salgueiriños) /Santiago de Compostela
Planta Baixa Salón Multriusos Hora: 17.30 h ASPAC "Asociación Parkinson Compostela"





16 de marzo de 2018

Trastornos Cardiovasculares en Enfermidades Reumáticas.


O próximo día 25 de Abril 2018 terá lugar unha charla de Trastornos Cardiovasculares en Enfermidades Reumáticas.
Lugar  de celebración, Edificio de docencia, Aula de docencia Nº2 del Hospital Clínico Universitario de Santiago, 1ª planta.
Horario:18:00 a 20:00.



Os obxectivos da charla serán:

1. Mellorar a información e comprensión do que é a enfermidade reumática por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral.

2. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes información sobre os problemas cardiovasculares asociados ás enfermidades reumáticas.

O programa constará de catro apartados, cun formato de foro interactivo onde resolver as dúbidas e dar respostas ás preguntas dos asistentes.

1. Trastornos cardiovasculares nas enfermidades reumáticas..

2.  Cales son as súas características?

3.  Diagnóstico e tratamento.

4.  Coidados e consellos a seguir.

Como ponente estará con nosco ou

Dr. Antonio Mera Varela, Xefe do Servizo de Reumatoloxía.

Para asistir a esta actividade é imprescindible estar apuntado polo que rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres, ou confirmando vía email:info@artrite-santiago.org

Esperamos contar convosco. 



15 de marzo de 2018

Saída Gastronomica e Cultural.

O próximo día 7 de Abril, teremos a saída anual gastronómica , onde poderemos degustar de dous paseos e unha comida saborosa.
Comezaremos coa Visita ao Mosteiro de Santa María do Sobrado, onde un monxe nos levará pola súa historia, para logo ir degustar un estupendo cocido en Casa Chelo.






Na tarde daremos un paseo polo Museo Vivente do Mel, en Arzúa, onde poderemos ver como se, trata e conserva o mel, tamén veremos a súa tenda onde temos distintos tipos de produtos efectuados con mel, para a venda. A saída deste evento será do Centro Sociocultural de Santiago, situado en Fontiñas, rúa Berlín, nº 13, ás 10:45 da mañá.
A invitación esta aberta a todos. Pode reserva praza en seguinte teléfono 659 084 950 ou no email: info@artrite-santiago.org no seguinte horario: de 9:00 a 13:00 de Luns a Venres. Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres. A reserva farase por orde de chamada e con data límite do 02 de Abril 2018, a data límite de pago é o 04 e Abril 2018.



27 de outubro de 2017

Doutor, por qué me receita esta medicación?



Queremos contarlles que, como poderedes ver no folleto adxunto, o 9 de novembro terá lugar no Hospital Clínico de Santiago de Compostela a nosa terceira charla da Escola de Pacientes. 

O tema para tratar esta vez será:
Doutor, por que me receita esta medicación? 


A Dra. Eva Pérez Pampín explicaranos que medicación hai dispoñible e cales son as pautas para dar un tratamento ou outro. Tamén contestará a todas as nosas preguntas e dúbidas.


  • Lugar: Entrada Consultas Externas - 1ºPlanta - Sala 4 de Docencia
  • Hora: 19h00


Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres.

Para charlas próximas, agradeceríamos contásennos cales son os vosos temas de interese relacionados coa enfermidade para tentar enfocar estes encontros para aclarar posibles dúbidas coas que vos enfrontedes.

Esperamos contar con vostede nesta charla.

17 de outubro de 2017

II Congreso Nacional de Pacientes de Espondiloartritis

Mándannos información do II Congreso Nacional de Pacientes de Espondiloartritis que terá lugar en Aranjuez os días 27, 28, 29 de outubro. Está organizado por CEADE, Coordinadora Española de Asociacións de Espondiloartritis, e celebrarase os días 27, 28 e 29 de outubro, en Aranxuez.

Declarado de interese social pola Sociedade Española de Reumatoloxía.

Se fose de interese, podedes poñervos en contacto con AAS ao 659 084 950, e podémoslles facer chegar o resto da información.