Sensibilización e divulgación

A artrite é unha enfermidade dexenerativa que produce dor crónica e que pode ter un impacto moi importante na calidade de vida de quen a padece. A través de charlas, mesas informativas, contacto cos medios de comunicación, etc., pretendemos a sensibilización e divulgación cunha dobre perspectiva:
  • Cara a sociedade. Consideramos necesario concienciar sobre esta doenza, pois a pesar de que “artrite” é un termo que todo o mundo escoitou algunha vez, e sobre o que se teñen certas ideas preconcibidas, trátase dunha doenza da que existen prexuízos erróneos e que resulta aínda bastante descoñecida pola sociedade.
  • Cara as persoas que padecen artrite, e as súas familias. Para coñecer aspectos concretos sobre a enfermidade: estudos, axudas técnicas, tratamentos, etc.

0 comentarios:

Fai un comentario: