8 de maio de 2017

Últimas novidades

Pasamos a informar a todos os nosos seguidores das últimas actividades efectuadas. Terminamos o mes de abril cun curso de cociña saudable. Un curso que tivo unha moi boa acollida, e que encantou a cada un dos participantes. Aprendemos moitas cousas sobre a alimentación, cousas como: cales son os super alimentos, cales os que axudan a baixar a inflamación, como usar algas nos nosos pratos, produto galego que contén moito calcio e que non adoita estar presente na nosa dieta diaria, isto entre outras tantas cousas. O resultado foi tan positivo, que Aas está a exporse repetir a experiencia para ampliar coñecementos nesta materia.




O Xoves 4 e o venres 5 fomos ao V Congreso Nacional De Pacientes Crónicos de SEMERGEN. Tratáronse distintos temas en relación coa saúde e os pacientes. E pola tarde tivemos a oportunidade de participar en talleres de distinta índole como: Coñecer a artrite, Enfermidade Celíaca e a dieta sen glute, Coñecer o Dano Cerebral Adquirido e como afrontalo, entre outros. O venres seguimos escoitando a distintos relatores, onde o principal tema seguiu sendo o paciente. Descubrimos tamén que a través da páxina creada por SEMERGEN, dispoñemos dun acceso directo a un equipo de médicos que contestan as preguntas formuladas por calquer paciente a través da web. Convidámosvos a familiarizarvos con ela: www.pacientessemergen.es (acceso rápido, respostas en 48 horas, anónimo, respaldo de Profesionais).




E finalmente, para relaxarnos, presentámonos o sábado 6 en Fontes do Sar, onde celebramos a permanencia do Rio Natura Monbus Obradoiro CAB na liga Endesa. Ambientazo e gran vitoria do Obradoiro Cab.

Agradecemos a Obra Social A Caixa, a invitación lanzada á nosa Asociación  para participar neste partido como público: puidemos gozar da maxia do baloncesto e animar ao Obradoiro nun partido tan importante.



0 comentarios:

Fai un comentario: