29 de setembro de 2016

Actos en Santiago polo Día Nacional da Artrite

Como xa anuniamos hai uns días a través do Facebook, o Concello de Santiago accedeu á petición da Asociación de Artrite de Santiago a iluminar a fachada do Pazo de Raxoi en verde o día 1 de outubro con motivo da celebración do Día Nacional da Artrite y Espondiloartrite. Tamén se iluminarán as Torres Hejduk na Cidade da Cultura, que serán visibles dende moitas partes da cidade. E non só en Santiago; edificios emblemáticos de diferentes cidades uniranse á celebración e homenaxe deste día.

O que pretendemos con este acto é dar unha homenaxe  ás persoas que padecen esta enfermidade  así como facer visible unha enfermidade bastante descoñecida pola maioría da poboación e concienciar á cidadanía dos retos que debemos superar día a día.

Para celebrar este día tan especial desde a AAS animámosvos a unirvos a nós na Praza do Obradoiro onde queremos compartir con vós e a vosa familia un rato todos xuntos, no que disfrutaremos da iluminación e compartiremos un chocolate quentiño para pasar mellor a velada.

Para iso esperamos contar coa túa participación e a dos teus familiares! Vémonos alí!
  • Día: Sábado 1 de outubro de 2016
  • Lugar: Praza do Obradoiro
  • Hora: a partir das 21:00h. 

0 comentarios:

Fai un comentario: